No mes de xaneiro contamos no centro coa presenza do Delegado de Participación Cidadana que impartiu un curso para que os nenos e nenas de 6º se convirtan en ciberexpertos. O Delegado explicoulles que grazas a internet temos acceso a unha morea de información cun só clic de rato pero hai tamén cousas non legais. Do que se trata é de saber cómo utilizar internet para gozar de todas as vantaxes e evitar riscos. Trátase de concienciar ao alumnado da importancia de xestionar a privacidade online.

No hay comentarios:

Publicar un comentario